Jaime Asensi adapta a BD Pic Nic de Fernando Arrabal

A obra está publicada por Libros del Innombrable

Capa de <i>Pic-Nic</i> de Jaime Asensi
Capa de Pic-Nic de Jaime Asensi
A seguir a tendencia dos seus últimos traballos, o debuxante Jaime Asensi adapta de novo á banda deseñada unha obra literaria. Desta volta trátase da obra de teatro Pic-Nic de Fernando Arrabal, que está xa dispoñible no web da editora zaragozana Libros del Innombrable. O álbum, publicado a toda cor, conta cunha introdución do propio Arrabal e achega como anexo os correos electrónicos que se intercambiaron os dous autores.