O debuxante Tirso Cons participa na serie Les Chroniques de Légion

O primeiro número deste proxecto será editado por Glénat en Francia cara o mes de maio

Ilustración da capa do Tomo 1 de <i>Chroniques de Légion</i> por Lauffray
Ilustración da capa do Tomo 1 de Chroniques de Légion por Lauffray
Logo de ver a edición en galego do primeiro volume de A mansión dos murmurios, o pontevedrés Tirso Cons continúa a súa carriera no mercado francés. A editorial Glénat prepara para maio a edición do primeiro tomo da serie Les Chroniques de Légion, onde o galego ilustra, canda a Mathieau Lauffray, Mario Alberti e Zhan Xiayou un guión Fabien Nury. A obra segue o personaxe de dráculo ao longo de diferentes épocas en relatos curtos. Agárdase que Cons continúe o seu traballo nos vindeiros volumes esta produción.