Abertas as votacións para os premios Entrecómics

As publicacións galegas do último ano poden elixirse para estes galardóns

O coñecido web Entrecómics acaba de convocar unha nova edición dos seus premios, no que os internautas selecciónas as mellores BDs que se publicaron ao longo de 2010. Como no pasado ano, son os votantes os que introducen libremente os títulos que consideran mellores, con categorías como "obra mellor editada" ou "obra que pasou máis desapercibida" entre moitas outras. O prazo de votación está aberto e, como non, son elixibles publicacións galegas. Entre os participantes sortearanse lotes de BDs.