O Consello da Cultura analiza a ensinanza da música e as artes escénicas

Un debate centrado nesta cuestión celebrarase o día 10 a partir das 16:30 horas

As Ensinanzas Superiores de Música e Artes Escénicas no espazo Europeo de Educación Superior: situaciòn e perspectivas é o título do econtro que organiza o Consello da Cultura Galega o vindeiro día 10 a partir da 16:30 horas. O evento, que organiza a Sección de Música e Artes Escénicas, contará coa presenza, entre outros, de Ángel Martínez Roger, Director da Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid ou de Alberto Veintimilla Bonet, Director do Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias, que abordarán o xeito no que estas materias artísticas se enfrontan ao chamado proceso de Boloña.

Programa do encontro As Ensinanzas Superiores de Música e Artes Escénicas no Espazo Europeo de Educación Superior.