Demo Editorial inicia 2011 con dous novos títulos de BD

Cabana de Balieiros, de Tokio e mais Punto de Fuga, de Miguel Cuba son os vindeiros lanzamentos

Páxina do album 'Punto de Fuga' de Miguel Cuba
Páxina do album 'Punto de Fuga' de Miguel Cuba
Tokio, un dos debuxantes pioneiros da BD galega durante os anos oitenta, volta á novena arte cunha obra longa. Demo Editorial publicará en breve Cabana de Balieiros unha obra de intriga ambientada a comezos do século XIX nunha vila dedicada á caza de baleas na nosa costa. Canda a el, a firma anuncia a edición de Punto de fuga, a primeira novela gráfica, de corte intimista, de Miguel Cuba. De cara aos vindeiros meses, a firma anuncia a edición en castelan de O Fillo da Furia de Miguel Fernández e Manolo López Poy e mais dun novo título de Manel Cráneo.