Presentamos o noso Anuario 2010, o tradicional repaso polas noticias que a redacción de culturagalega.org estima máis relevantes do ano, coa perspectiva do 2011. Un ano de crise, pero tamén de desafÃos e de esperanzadoras tendencias.
No 2010 observamos o impacto real da crise económica e financeira que os analistas máis rigorosos viñan profetizando desde habÃa tempo. A crise obrigou a recortar con urxencia os orzamentos das institucións públicas, e nunha cultura como a galega, con gran dependencia das polÃticas e o do investimento público, traduciuse nunha deceleración clara dos procesos de creación e produción que afectou de xeito diferente en función dos sectores, pero con impacto claro no sector audiovisual, no das artes escénicas ou na difusión cultural. Todas as previsións apuntan a que o proceso continuará neste 2011. Unha reflexión parece evidente: cómpre diversificar as vÃas de negocio, de produción e de mercado para minimizar os momentos baixos dos ciclos económicos.
O proceso, con todo, é paradóxico, e permite comprender que contra o mundo monocor que moitas veces transmiten os medios, a realidade é máis complexa. É o caso do audiovisual galego: se este é un auténtico annus horribilis desde o punto de vista do financiamento de producións audiovisuais, pola contra tamén comeza a premiar os esforzos de máis dunha década por parte de numerosos profesionais. 2010 rexistrou o maior éxito en taquilla dunha produción audiovisual galega, en gran medida: Cela 211, pero tamén un incremento do recoñecemento profesional de actores e actrices do paÃs e de longa traxectoria.
As propias consecuencias da crise poden crear oportunidades positivas. Os datos permiten apreciar unha luz de esperanza nesta época. O enfeblemento da industria cultural provocou unha multiplicación do número de pequenas empresas de servizos e contidos culturais integradas por profesionais en desemprego que tentan abrir espazos propios que alenten novas oportunidades e poden motivar a diversificación de contidos e produtos. Tamén foi o ano do bo éxito editorial de un bo monllo de novelas en galego que conseguiron superar o temido umbral da primeira edición e conectaron co público, segundo os propios editores. O mesmo acontece coa música, onde os expertos consultados sinalan que neste ano caracterizouse por que o sector apostou polo asociacionismo entre os profesionais, que miran para un horizonte que, ao mesmo tempo, foi palabra ben repetida neste ano: a internacionalización. Non deixa de ser sintomático que nalgúns sectores -se ben con caracterÃsticas especÃficas que o apoian- este proceso sexa abraiante, como a exportación de autores galegos da BD que fan que no 2010 editáranse 21 tÃtulos de autores galegos en Norteamérica. De feito, un 44% dos tÃtulos de BD relacionados con Galicia foron mesmo editados no exterior do paÃs.
A cidade da polémica
A Cidade da Cultura inaugurouse nunha data de alto valor simbólico, o 11 de xaneiro de 2011. O maior equipamento cultural construÃdo en Galicia nace no medio da polémica e cunha apertura gradual das súas instalacións, que se inician cos edificios máis documentais e que continuarán co espazo museÃstico. Existen aÃnda moitas incertidumes sobre cal será a acollida do público sobre os edificios proxectados por Einsenmann, pero tamén sobre a propia dirección estratéxica da Cidade da Cultura e a capacidade de converterse nun polo efectivo de dinamización do tecido cultural e/ou do turismo no paÃs. Os vindeiros anos serán determinantes para comprobar a vixencia ou non da aposta proxectada no seu momento polo presidente Manuel Fraga e o conselleiro de Cultura Jesús Pérez Varela e sobre o que xa pasaron tres gobernos, pero tamén para comprobar se se producirá a súa necesaria vinculación co tecido cultural galego.
10 anos de cultura
culturagalega.org cumpriu o 10 de outubro de 2010 o seu aniversario, converténdose nun dos sitios culturais de orixe pública máis lonxevos de Galicia e do Estado. Estes dez anos permitiron observar, canda nós, a propia evolución de Internet. A rede do 2000 era un medio aÃnda incipiente, cheo de promesas pero con escasa difusión real. Os tempos confirmaron o que moitos anticiparan daquela: a popularización da nova tecnoloxÃa dixital e a súa irrupción intensa e, ás veces, radical, en todos os ámbitos da creación, consumo e distribución cultural, da que aÃnda non coñecemos as consecuencias finais. Cambiaron tamén as propias nocións do que é a rede, que nós resumimos en culturagalega.org nun aforismo interno: De portal a plataforma. A culturagalega.org de 2010 evolucionou considerablemente en relación á súa versión orixinal de outubro do ano 2000, pero mantemos en pé unha filosofÃa que consideramos clave para o noso servizo: combinar a información do presente, o entretemento co procesamento e almacenamento da información en espazos que permiten a súa consulta documental, algo importante para os diferentes sectores culturais.
Precisamos unha Internet aberta
A nosa aposta neste sentido é especialmente relevante nun contexto difÃcil para a cultura galega en Internet. Cremos que no 2010 estamos a ver, en gran medida, unha involución no volume dos contidos sobre cultura galega publicados na Internet aberta e pública, e este é un aspecto moi pouco debatido. A dramática desaparición ou perda de músculo dos medios en lingua galega levou aparellada, ademáis, a perda de vizosas seccións e focos vinculados á cultura de noso. A caÃda de investimento nas institucións ou cambios na súa dirección estratéxica tiveron como consecuencia a reducción da actualización dos contidos dos seus webs, a eliminación de proxectos existentes con contidos relevantes ou a paralización ou ralentización de proxectos de dixitalización.
Por último: a blogosfera galega, un vizoso sustento da lingua e cultura do paÃs, está a diminuir a súa vitalidade en beneficio exclusivo de redes sociais de carácter privado como Facebook, que fan invisible o contido ao ben común, as pequenas e grandes referencias publicadas polos usuarios, e aos usuarios que non están próximos á orixes sociais dos contidos. Isto tradúcese, nunha sociedade demograficamente pequena como a nosa, nunha reducción lóxica das oportunidades de visibilización e expansión da nosa cultura no exterior e cara novos públicos. Tamén queremos suliñar, con todo, os notables atractivos destas redes para a conversa e a difusión, e velaà que este ano culturagalega.org abriu versións en Facebook, Twitter e previamente en MySpace.
É neste contexto onde cremos preciso apostar por unha Internet aberta e accesible e con proxectos estables onde a cultura galega debe estar moi presente para xogar o seu propio futuro.