Preto de medio cento de asociacións culturais do noso paÃs están a se coordinar nunha nova entidade. A Federación Galiza Cultura nace con vontade de promover e difundir a nosa cultura, partindo dunha perspectiva de Galicia como nación e coa intención de atender aspectos que os seus integrantes consideran desatendidos pola ConsellarÃa de Cultura. Independentemente dos seus resultados, o proxecto supón unha iniciativa inédita no actual panorama asociativo.
A importancia do asociacionismo cultural amosouse chave, ao longo do século, para a normalización da nosa lingua e a difusión do traballo dos nosos creadores. Con antecedentes destacados xa desde o Rexurdimento, foi especialmente durante o Franquismo cando entidades como O Facho ou O Galo, por citar dúas das máis antigas, desenvolveron un intenso traballo que aÃnda se deixa sentir hoxe. Malia a ter pasado o tempo no que este tipo de colectivos eran o principal baluarte no traballo a prol da nosa cultura, ao longo dos anos non deixaron de xurdir propostas que dinamizan, en moitos casos con grande éxito, o seu contorno máis inmediato desenvolvendo exposicións, festas, concertos e outras actividades. Agora, un bo feixe de entidades deste tipo agrúpanse nunha federación que aposta por superar a visión local e coordinar actividades conxuntas.
A fundación
A orixe do proxecto está acto de homenaxe a RosalÃa que se realizou o pasado mes de xullo coordinado pola Asociación de Escritores. “Unha serie de asociacións que colaboramos nesa actividade puxémonos en contacto e arrincamos un proceso de intercambio de opinións. Vimos que existÃa unha falta de coordinación entre as diferentes asociacións culturais do paÃs”, lembra Maceira. En concreto, as entidades que se coordinaron para fundar a nova entidade comprende O Galo (Santiago), Alexandre Bóveda (A Coruña), O Castro (Vigo), A Pomba do Arco (Foz), Altofalante (Ribeira), Maio Longo (Pontevedra), Vagalumes (A Estrada), Monte da Estrela (Arteixo), e Auriense (Ourense), na súa maiorÃa vencelladas historicamente ao movemento cultural galeguista ou nacionalista. “Comezamos con preto de dez máis ou menos representativas de onde pode haber máis movemento, pero o proxecto está aberto”, incide Maceira. Segundo os promotores, máis de corenta colectivos de todo o paÃs amosaron xa o seu interese en se integrar no proxecto, actualmente en proceso de constitución.
Coordinación
Entre os obxectivos inmediatos da nova federación, está, segundo a súa presidenta ”dotármonos dunha rede mÃnima que canalice e reactive o asociacionismo cultural e promova que o xa existente e activo, rompa o isolamento e participe dunha dinámica conxunta sobre a base da coordinación nunha estrutura cultural nacional propia". Maceira sinala asimesmo que “a intención é facer proxectos que saian do nivel local e aproveitar o traballo individual que fan as distintas asociacións. Tamén temos a perspectiva de desenvolver iniciativas que axuden ás propias entidades e achegarlles servizos. Moitas veces hai asociacións que están soas e o seu traballo non sae do ámbito local ou comarcal. Cómpre unha rede que canalice todo o que se está a facer no paÃs, que é moito”. Nun momento no que o protagonismo no campo cultural se ten desprazado cara á industria, aos seus colectivos sectoriais e mais ás administracións, esta aposta polo asociacionismo de base ten a intención de reinvindicar a importancia deste tipo de colectivos fuxindo de especializacións nas súas actividades. “Somos fundamentalmente asociacións culturais pequenas que traballan a nivel local pero sen nos especializar en temas concretos”, lembra Maceira. “A nosa idea é tanto darlle apoio aos creadores das comarcas como promover a literatura, a música, a lingua, a historia ou o patrimonio. Pode haber algúns colectivos que se integren que traballen só en ámbitos concretos, pero moitas veces iso acontece por falta de medios. Cómpre unha liña de traballo que permita saÃr de ámbitos concretos”.
Cubrir ocos
O novo colectivo nace cunha clara vocación de “cultura nacional” e de resposta á actual polÃtica institucional neste campo, segundo explicitaron os seus voceiros na presentación que se realizou o pasado 11 de decembro no Museo do Pobo Galego. Pilar GarcÃa Negro, presidenta do novo colectivo, sinala que con este proxecto “queremos romper simbólicamente a través da nosa actuación a noción de provincia, queremos ter unha actuación nacional que interconecte comarcas e nos permita coñecernos dunhas a outras”. Canda a isto, Galiza Cultura ten a intención de traballar en ámbitos que, ao seu ver, están desatendidos pola actual ConsellarÃa. “Non imos ficar inactivos nin calados porque exista unha ConsellarÃa de Cultura que só porta o nome de galega como un adxectivo prescindible pero que non está a cumprir a alta misión estatutaria que debera. Verémonos obrigados cumprir en grande medida funcións que a administración galega terÃa que asumir e que, polo visto, non está disposta a facer”, sinalaba ao dar a coñecer a Federación. Segundo explica Marcos Maceira, vicepresidente da entidade, “a ConsellarÃa pasa bastante da cultura galega e mais do asociacionismo cultural, que iniciou o seu traballo hai preto de cincuenta anos e que foi fundamental. Pensamos que o noso papel está aà e que cómpre activalo”.
Relacións
Encol das súas relacións coas industrias, Maceira destaca que “non nos pechamos a colaborar con ninguén, e estamos de acordo en que todo o mundo se organice, o importante é o conxunto en todas as vertentes. Promover a cultura do paÃs xera beneficios económicos e benestar”. No entanto, incide na necesidade de que “o sector cultural ten que ser crÃtico, cómpre reivindicar a cultura do paÃs, promovela e valorizala”. O nacemento da federación sobreponse á Federación de Asociacións Culturais Galegas, que nos últimos anos estaba sen actividade real, e á cuxa fronte figura aÃnda Francisco X. Peña DÃaz, da Agrupación Alexandre Bóveda, que é precisamente un dos colectivos fundadores da nova entidade. Segundo explica Maceira, “existÃa esta experiencia da Federación de Asociacións, pero actualmente estaba inactiva”.
Primeiras propostas
Entre os primeiros actos previstos deste colectivo está a celebración do 125 Aniversario do nacemento de Castelao. “Faremos unha serie de actividades nas vilas onte temos asociacións integradas. Queremos facer algo potente para reivindicar unha figura que non está a ser recoñecida polo goberno. A idea é facer un programa común cunhas liñas básicas e materiais conxuntos, e logo e cada lugar as asociacións desenvolverán actos diferentes, segundo as súas capacidades e medios”, explica o vicepresidente da nova entidade. A seguir, anuncian actividades con ocasión do DÃa de Galiza Mártir, e agardan que vaian saÃndo novas propostas.