A película rodada en Vigo por Fernando León, “Os luns ó sol” gaña a Concha de Oro en San Sebastián

Vigo exhibe unha cuncha ó sol

30/9/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hai un ano un Bardem encumbrado trala súa nominación ó Óscar, chegaba a Vigo para iniciar a rodaxe de “Os lúns ó sol” da man de Fernando León. Un filme que aborda un grupo de parados que sobreviven como poden entre a desesperación e o orgullo. Unha temática que tivo as súas protestas, por uns veciños preocupados pola imaxe que se podía ofrecer de Vigo. Xunto a Bardem, o galego Luis Tosar, José Ángel Egido, Nieve de Medina, e Aida Folch completaban un equipo. Un ano despois regresaron a Vigo o pasado venres para presentar o filme, que se poderá ver en galego. E que chega cun respaldo sólido, xa que acaba de gañar a “Concha de Oro” no 50 festival de San Sebastián.



Máis información en
La Voz de Galicia , web promocional , La Opinión , El Correo Gallego e Festival de Cine de San Sebastián

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Fernando León, León, Cine...