Salamanca acolle unhas xornadas sobre BD galega

O lectorado de galego organiza hoxe e mais mañá esta actividade

O lectorado de galego da Universidade de Salamanca organiza as primeiras Xornadas sobre Cómic Galego que se celebran nesta cidade. A Facultade de Filoloxía acolle o evento, que comezou onte coa proxeccion do filme O soño dunha noite de San Xoán. O programa continúa hoxe ás 17h cunha conferencia do libreiro Juan Carlos Sanmiguel Sanmmi, sobre a situación da BD galega. Mañá será David Prieto Gochi quen falará sobre os procesos do cómic.