Panini publica en xaneiro un volume de Spiderman con obras de dous autores galegos

Emma Ríos e Xurxo Penalta ilustran cadansúa historia neste volume colectivo

Capa de <i>Muda</i>, de Spiderman
Capa de Muda, de Spiderman
Muda é o título do volume da colección Asombroso Spiderman que publicará o vindeiro mes de xaneiro Panini en castelán. A obra recolle material das coleccións americanas Amazing Spider-Man, na que se pode ver unha historia curta da galega Emma Ríos e mais Web of Spider-Man, onde aparecerá o traballo de Xurxo Penalta con este personaxe que xa vira tamén a luz en Estados Unidos.