Dezaoito editoras galegas participan na Feira do Libro de Guadalaxara

O evento desenvolverase entre o 27 de novembro e o 6 de decembro

Un posto compartido pola Asociación de Editores e mais a Consellaría de Cultura acollerá a representación galega na Feira do Libro de Guadalaxara. A cidade mexicana acollerá entre o 27 de novembro e o 6 de decembro este evento, no que estarán presentes dezaoito editores. Ademais, no marco do centenario de Torrente Ballester presentarase a adaptación a BD da obra Fragmentos de apocalipsis. Ademais, José Antonio Neira Cruz e Javier Alcalá participarán en diferentes actividades neste evento.

Segundo explica a Consellaría de Cultura, as editoras presentes no evento son Luis Vives, Ideas Propias, Xerais, Kalandraka, Do Cumio, KNS Edicións, Rodeira-Edebé, Baía Edicións, Ir Indo, Everest, Toxosoutos, Obradoiro, Oqo, El patito, Galaxia, Biblos, Amiris Edicións e Linteo.