Sae á venda en Estados Unidos o número 1 do Osborn de Emma Ríos

Mariano Casas publica no seu blog unha BD serializada

Páxina do <i>Osborn</i> 1 de Emma Ríos.
Páxina do Osborn 1 de Emma Ríos.
O pasado mércores chegaba ás tendas de Estados Unidos a primeira entrega de Osborn a última miniserie que está a debuxar a galega Emma Ríos para Marvel. Varias páxinas da obra, con guión de Kelly Sue DeConnick están dispoñibles no web da editora americana. Pola súa banda, Mariano Casas tamén colga a súa obra en Internet. En concreto, cada luns publicará no seu blog unha páxina da obra Vacaciones en la batea, dispoñibles libremente para os interesados.