Galaxia presenta os primeiros contos en galego para iPad e iPhone

Un video amosa como funcionan as adaptacións interactivas dos títulos

Puag, que noxo! e Un can no piso!, de Fina Casalderrey (ilustrados por Xan López Domínguez e Kristina Sabaite), Quen son?, de Alicia Borrás (con ilustracións de Andrés Meixide), Voces na lagoa do espantallo!, de Xan López Domínguez e Conto para non comer, de Oli (tamén ilustrado por Andrés Meixide) son os primeiros contos en galego adaptados para iPad e iPhone. A editorial Galaxia presentaba onte este proxecto no encontro FICOD de Madrid. As obras inclúen animacións, voces e posibilidades interactivas en galego, castelán e inglés. Esta edición inclúese no proxecto Contoplanet, que Galaxia coordina con Perro Verde Films.