Santiago García gaña o IV Certame de BD do Valadouro

A obra Laguna valeulle os 600 euros de premio

Páxina de <i>Laguna</i>, de Santiago García
Páxina de Laguna, de Santiago García
A Oficina de Información Infantil e Xuvenil do Valadouro acaba de fallar a IV edición do seu Certame de Banda Deseñada. Santiago García Rodríguez fíxose cos 600 euros do primeiro premio pola súa obra Laguna, que será publicada na revista Busola. O xurado, composto por David Rubín, Kike Benlloch e Kiko da Silva, e presidido polo concelleiro de Cultura do Valadouro, José Lamela, valorou "o dominio do trazo do debuxo, o entintado, a orixinalidade na composición e a destacada impresión". Canda a el, o xurado outorgoulle unha mención de honra a Hugo Covelo pola obra Honor de Samurai e a Tomás Gimeno por Clara y Nico e a Alberto Cimadevila e Iván Olmedo por Después del petróleo.