Jano publica Ratoon en Bang! Ediciones

El Patito Editora ten xa nas librarías Milan K e Silvana

Capa de <i>Ratoon</i> de Jano
Capa de Ratoon de Jano
O vindeiro 25 de novembro chegará ás librarías, da man de Bang! Ediciones, Ratoon á última BD de Alejandro Viñuela Jano. A obra, segundo anuncia a editorial, é un relato de humor negro cun rato por protagonista, ten 64 páxinas e sairá á venda por 13 euros. Pola súa banda, El Patito Editorial ten xa nas librarías, en edicións en galego e en castelán as obras Milan K. O prezo da supervivencia, de Sam Timel e Corentin, e mais Silvana, a filla do explorador. Os espíritos azuis. Este último traballo, obra de Ramón Marcos e Jorge Castelli, xa puidera seguirse serializada na revista Galimatías.