Os camiños da vida

Teatro do Noroeste recupera Historias Peregrinas unha comedia sobre as aparencias

Once anos despois de poñelo sobre as táboas, Teatro do Noroeste desempoa do seu repertorio Historias peregrinas. Trátase dunha comedia que a compañía lle encargou daquelas a Miguel Anxo Murado e que fala sobre a vida, as aparencias e a realidade a través dun grupo de cómicos (nos que só repite Luma Gómez) que percorre o Camiño de Santiago representando Danzas da Morte. A obra está de xira por Galicia e chega esta semana ao Salón Teatro de Santiago.

Ficha artística

Autor: Miguel Ánxo Murado
Dirección: Eduardo Alonso
Escenografía: Paco Conesa
Son: Chefa Alonso
Iluminación: Eduardo Alonso
Vestiario: Paco Conesa

Elenco artístico / formación:
Luma Gómez, Xan Casas, Fernando Gónzalez, Viqui Pérez, Carlos Mosquera "Mos", Julia Méndez, Alejandro Carro, Aitor Rei