Sae á venda a adaptación á BD de Fragmentos de apocalipsis

Jaime Asensi ilustra un guión de César Lombera sobre a obra de Torrente Ballester

Capa da BD <i>Fragmentos de apocalipsis</i>
Capa da BD Fragmentos de apocalipsis
Anunciárase como unha das accións do Ano do Libro e do centenario de Torrente Ballester. A versión en banda deseñada da obra deste autor Fragmentos de apocalipsis está xa á venda, cunha edición da toda cor e capa dura. Jaime Asensi foi o encargado de debuxar as 56 páxinas desta adaptación sobre un guión de César Lombera. A obra está publicada polo Consorcio de Santiago e mais a Fundación Torrente.