Naceu en Vigo, onde seguen fieis á fórmula de catro entregas ao ano, unha por cada estación. Co tempo foi creando unha “extensión” (sesións dun dÃa) ao Salón Teatro de Santiago, despois ao Teatro Jofre de Ferrol (que se mantén) e agora acaba de anunciar que tamén chegará ata Madrid (Teatro Lara). A última edición do Sinsal 2010 conta con grupos como Seattle Master Musicians ou Bukkake xunto a Future Island (18 de outubro), e o triplete Daniel Carter, William Parker e Federico Ughi (18 de decembro). Os organizadores adiantaron que están a preparar un proxecto no Verbum (casa das palabras de Vigo) sobre as cancións qeu marcaron a vida da xente e sobre programas de radio desaparecidos.