Espiral Maior encargarase da publicación das Poesías Completas de Avilés de Taramancos

Avilés Maior

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Onte falabamos da pugna entre Xerais e Galaxia por editar as obras completas de Avilés de Tarmancos, o vindeiro homenaxeado no día das letras galegas. Pois resulta que hoxe se sabe que ese labor non o fará ningunha das dúas editoriais, e que será Espiral Maior a encargada de publicar toda a poesía completa do escritor. De feito, foi o propio Avilés quen lle pediu a Fernán Vello, director da editorial, que se encargase dese traballo. Algo que incluirán na colección “Ópera Omnia” e que se prevé que estea nas librerías os días previos ó Día das Letras Galegas.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Espiral Maior, Día das Letras Galegas, Avilés de Taramancos...