A Asociación Cuac FM pide levar ao pleno a continuidade do festival Noroeste Pop Rock

A proposta conta co apoio do colectivo Empuje.net

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A tumultuosa organización desta edición do Festival Noroeste Pop Rock non se pode repetir. Por iso, a asoaición cultural Cuac FM acaba de proporlle ás tres forzas políticas municipais da Coruña que presenten unha moción no pleno para garantir a súa continuidade. A entidade desaproba a actitude do concelleiro de Festas, Carlos González-Garcés, e propón estabilizar a celebración deste encontro. Para iso, considera qur unha comsiión de expertos deben elaborar as bases nas que se asente a selección de grupos locais, os prazos e a promoción do encontro. A iniciativa conta co apoio do colectivo Empuje.net, e polo xurado do propio certame que seleccionou as mellores dez bandas.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Pop, Cuac FM

Claves

Entidades
Conceptos