O TSXG declara legal a exención do exame de galego nas oposicións á función pública

Sen probas

4/9/2002 | Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Unha sentencia do TSXG declara legal a exención do exame de galego nas oposicións para os corpos Superior de Administración, de Xestión e Administrativo da Xunta convocadas o cinco de xuño de 2000. A Confederación Intersindical Galega (CIG) presentara un recurso a esa convocatoria ó considerar que o exame era necesario para xustificar o coñecemento do noso idioma por parte dos aspirantes e apuntando que desde a Xunta non se xustificou a eliminación da proba.

Máis información en La Voz de Galicia e en La Opinión

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TSXG, La Opinión, CIG, La Voz de Galicia