María Mera será a Salomé do Centro Dramático Galego

O texto de Oscar Wilde estrearase o vindeiro 26 de novembro

O proceso aberto de selección para o elenco de Salomé, vindeira obra do Centro Dramático Galego, xa rematou. Finalmente será María Mera quen protagonizará a montaxe, e acompañarana no escenario Xosé Penabade como Herodes, María Salgueiro a interpretar a Herodías, Hugo Torres como Iokanaan e mais Marcos Correa e Alberte Cabarcos. O xurado seleccionou por unanimidade os actores, que comezarán os ensaios o vindeiro mes de setembro con vistas a estrear o texto de Oscar Wilde o vindeiro 26 de novembro.