Violeta, Trigo, Buceta e Braña preparan novos cómics

Cinco autores vigueses adiantan os seus novos proxectos editoriais

Detalle de <i>Hemoglobina</i>
Detalle de Hemoglobina
Autores e proxectos editoriais da cidade olívica continúan co seu bule bule. Violeta estrea serie na revista erótica "Kiss". No número deste mes, a debuxante xunto coa súa colaboradora Eva Lance, inician a historia "Como la vida misma" na que pretenden achegarse ao realismo nas escenas, personaxes e localizacións. Tamén de terras viguesas é oriundo Carlos Trigo, debuxante que publicará nos Estados Unidos unha historia curta de ciencia-ficción, que subiu á súa bitácora a tinta e sen textos. Ten sete páxinas, guión de Sean Fahey e sairá no fanzine "Slam Bang", da editorial Fan-Atic Press. Ademais, Trigo, contribuirá ao vindeiro número de Fuck Comics, co relato de robots "Hemoglobina", do que tamén divulgou mostras xa. O fanzine vigués chegará ao seu quinto número, o cal xa está na fase final da súa preparación. Por outra parte, David Buceta participará en El Arca, unha publicación de David Braña baixo o selo Seventeen Cómics que se agarda para fins de ano.