Saen este mes Superlópez e Spirou en galego

Cerditos de Guinea tamén prepara o segundo volume de "Os Cinco Loitadores"

Cerditos de Guinea anuncia que este mesmo mes estarán na rúa "Superlópez e a caixa de Pandora" e "Spirou en Nova York", os seus novos proxectos editoriais cos que presenta a versión en galego dos coñecidos personaxes. A primeira BD virá con instrucións para poder descargar contidos adicionais desde o web da editora e o segunda será o primeiro álbum no que apliquen a técnica de relevo en seco na cuberta. CdG xa está a traballar tamén na publicación da segunda aventura de Os Cinco Loitadores, cuxo título orixinal é "Lucha Beach Party". Ademais a sección práctica "Lata de ferramentas" da súa bitácora vai incorporar a partir de agora artigos máis específicos e extensos, engadindo probas, material propio e opinión. De inicio, suben catro artigos xuntos.