David Macho abre un web co seu traballo internacional como axente para autores de BD

O galego representa algúns dos máis destacados autores do estado que traballan en Estados Unidos

Spanish Inq é o título do web que acaba de presentar David Macho, un galego que leva anos a traballar como axente editorial para diferentes autores do Estado. Neste espazo na rede, Macho agrupa o traballo dos creadores que está a representar en Estados Unidos con editoras como Marvel, DC ou Dark Horse. Entre os nomes cos que traballa, atopamos figuras como Ramón F. Bach, Jesús Sáinz, Fernando Blanco ou Diego Olmos entre outros. O coñecido web americando Newsarama faise eco deste proxecto e sinala que Macho "lidera a invasión española dos cómics americanos".