Sae á venda As dúas viaxes de Xaquín Marín

O volume recupera as primeiras historias de banda deseñada do autor

Capa de <i>As dúas viaxes de Xaquín Marín</i>
Capa de As dúas viaxes de Xaquín Marín
A libraría Couceiro, en Compostela, acolle mañá ás oito da tarde a presentación de As dúas viaxes de Xaquín Marín. O volume fai parte da colección Clásicos da historieta galega de El Patito Editorial, e achega as historias A longa viaxe de volta dende as estrelas, que xa se puidera ler no volume 2 viaxes e Buscando outro mundo, primeira BD realizada por Marín en 1973 e que permanecera inédita ata o de agora. Os asistentes á presentación recibirán como agasallo o calendario 2010 de David Pintor pola adquisición de calquera obra desta editorial.