Luz Pozo Garza e Xavier Quiroga levan os Premios da Crítica Española

A poeta fai dobrete de galardóns esta fin de semana

A novela O cabo do mundo, de Xabier Quiroga, e o poemario Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza, levaron cadanseu Premio da Crítica o pasado sábado. A Asociación Española de Críticos Literarios recoñeceu estes traballos entre os publicados en lingua galega nos últimos doce meses. Precisamente esta mesma fin de semana, a obra de Luz Pozo Garza lle valía o recoñecemento da Asociación de Escritores en Lingua Galega nos seus premios.