O Museo do Mar albergará o xuntanza de ministros de Pesca da UE

Boa parte das instalacións baleiraranse para o evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Museo do Mar fechará varios días para preparar e albergar a xuntanza de ministros de Pesca da Unión Europea que se celebrará os vindeiros 4 e 5 de maio. De cara a este evento, e segundo anunciou onte a Consellaría de Cultura, desmontaranse e baleiraranse estancias como a biblioteca, diferentes oficinas, a sala de exposicións temporais, o peirao, o salón de actos, e mais a zona de obradoiros, e faranse obras menores de adecuación "ara o correcto desenvolvemento da xuntanza ministerial e para garantir a seguridade dos asistentes". A coincidir con este anuncio, Cultura adiantou parte da programación de grandes exposicións para 2011. Deste xeito poderá verse a sección mariña do Arquivo Pacheco, Historias de Corsarios en Galicia e Retratos do Mar.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Pacheco, Unión Europea

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos