Juan Gelman abrirá o III Encontro Cidade da Coruña

A cita contará coa presenza de autores internacionais que disertarán sobre Literatura e viaxe

A colaboración entre a Asociación de Escritores en Lingua Galega e mais o Concello da Coruña permitirá que a partir do vindeiro 19 de abril comece o III Encontro Cidade da Coruña. Co lema Literatura e viaxe diferentes autores intervirán na sede da Real Academia Galega. O arxentino Juan Gelman será o encargado de abrir esta cita, cunha conferencia titulada Baixo chuvia allea. A el seguirano, en diferentes datas, Miguel Anxo Murado, Hélia Correia, Alberto Manguel e Xabier P. Docampo.