O fanzine El Dios Mofeta está dispoñible en liña

A obra é candidata aos premios do Saló del Còmic de Barcelona

Ilustración de <i>El Dios Mofeta</i>
Ilustración de El Dios Mofeta
El Dios Mofeta é o título do fanzine de 56 páxinas publicado por Diego Blanco no verán de 2009 e que recentemente conseguiu unha candidatura nos premios do vindeiro Saló de Còmic de Barcelona. Agora, a obra está dispoñible íntegra en liña a través do web Isuu.com para todos os lectores interesados. El Dios Mofeta compite co tamén galego Carne Líquida na mesma categoría.