Xan López Domínguez súmase á lista White Ravens 2010

Kalandraka obtén un galardón no CJ Picture Awards

A presenza galega na prestixiosa lista White Ravens 2010, que selecciona as mellores obras de literatura infantil e xuvenil do mundo, segue a aumentar. Mis historias perdidas, de Xan López Domínguez, e editado por Libros del Zorro Rojo, é a última incorporación a esta famosa listaxe. Pola súa banda, a editora pontevedresa Kalandraka fíxose cun premios nos CJ Picture Awards na categoría de Novas Publicacións. O león Kandinga, de Boni Ofogo e Elisa Arguilé foi seleccionado entre 635 obras de 39 países.