Un colectivo convida a crear unha composición musical coas bucinas das bicicletas

A Acción fuxidía para 111 ciclistas terá lugar o domingo 21 ás 12 horas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

¿Apetéceche dar un concerto? Pois se tes unha bicicleta con bucina, camisa branca e pantalón negro, o vindeiro domingo debes presentarte ás 11 na rúa de Xoán XXIII. Será entón cando os ntegrantes do Taller Atlántico Contemporáneo fagan un ensaio xeral e expliquen como se ha de usar a bucina da bicicleta. A Acción fuxidía para 111 ciclistas, que consiste nun concerto “rodado” ata a praza do Obradoiro, terá lugar ás 12:00 horas deste domingo. Mauricio Kagel explica neste vídeo as claves desta singular actividade.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Obradoiro, Atlántico

Claves

Conceptos