Un pase Ilegal

6/8/2002 | | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O cineasta Ignacio Vilar elixíu a súa localidade natal, a ourensana Petín, para facer un pase previo da película "Ilegal", a súa primeira longametraxe. A película conta a historia de dous reporteiros que seguen de preto o drama da inmigración. Os seus protagonistas son Lucía Jiménez, Chete Lera e Chisco Amado e os exteriores graváronse en Vigo, Santiago e na praia da Lanzada. As xornadas "Petín, un pobo de cine" servirán como marco para esta preestrea o videiro 23 de agosto. O director prepara xa o seu vindeiro traballo, "Akki o que ven da auga" e ten pensado facer parte da gravación na comarca de Valdeorras.

Máis información no diario La Región

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ignacio Vilar, La Región, Vigo...