O Premio San Clemente xa ten finalistas para 2010

Na categoría en galego coinciden Domingo Villar, An alfaya e Xavier Quiroga

A praia dos afogados, de Domingo Villar, O cabo do mundo, de Xabier Quiroga, e Areaquente, de An Alfaya, son os títulos que competirán na categoría en Lingua Galega no Presmio Arcerbispo Juan de San Clemente. O IES Rosalía de Castro, en Compostela, acollía onte a presentación da nova edición destes coñecidos galardóns, nos que son alumnos dos centros de ensino galegos os que escollen os gañadores. Canda a estas obras, compiten na categoría de lingua castelá La noche de los tiempos, de Antonio Muñoz Molina, Puente de Alma, de Julián Ríos, e El pais de la cancha, de William Ospin. Pola súa banda, os autores internacionais que optan ao galardón son Hanif Kureishi con Algo que contarte, Erri de Luca por El día antes de la felicidad, e Siegfried Lenz, con Minuto de silencio.