Moito máis que un edificio

O Jofre acolle unha exposición que explica o proceso de rehabilitación do edificio

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:
Vista exterior do Teatro Jofre

Vista exterior do Teatro Jofre

Sufriu un incendio espectacular que o deixou reducido a borralla máis o inclemente paso do tempo. Pero o Jofre loce hoxe con todo o seu esplendor grazas a unha rehabilitación realizada por Rafael Baltar que se iniciou a finais dos noventa. Con prata de ferradura e unha excelente acústica, o Jofre é un dos principais centros de actividade cultural da cidade de Ferrol. Xestionado polo concello, conta cunha asociación de amigos que vela polo éxito deste emblemático edificio e un dos espazos de referencia en Galicia. Agora, unha exposición exhibe a historia da súa transformación moderna que se pode ver nos días que o centro conta con actividade.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Claves