Entre o ceo e a terra

Teo Manuel Abad estrea o primeiro documental sobre o sexo en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Seda, o Festival Erótico de Vilagarcía, revolucionou hai cinco anos o panorama do sexo en Galicia. Era a primeira vez que estas temáticas se facía visible no noso país e dun xeito moi destacado. O éxito popular daquela convocatoria fixo que Manuel Abad comezara a reflexionar sobre a recepción no noso país do mundo do sexo. Esta foi a orixe do documental Entre o ceo e a terra (inicialmente chamado Galicia, o imperio dos sentidos), que recolle experiencias persoais, a visión dos sex shops, videoclubes, a música e mesmo a opinión de asociacións, todos os puntos de vista abertos a todas as persoas que quixeron colaborar.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Abad, Documental, Teo, Asociacións...

Claves

Protagonistas
Lugares