A Deputación de Pontevedra continúa a súa colección de poesía con outro nome

A colección Cíes substitúe a Tambo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A pasada semana Manuel Rivas denunciaba na edición galega El País que a Deputación de Pontevedra suprimira a súa colección Tambo, unha das máis importantes para a poesía feita en Galicia. Hoxe, desde o organismo provincial sinalan que a suposta eliminación non é tal, e que o que acontece é que mudou o nombre desta serie. Segundo explican desde a Deputación, ao deixar Luís Rei a coordinación da mesma ao non poder atendela, optaron por transformar Tambo en Cíes, que continúa a aposta do organismo pola poesía e que publicará, ao igual ca aquela, obras en galego e en castelán. O proxecto presentábase o pasado mes de abril coa edición de Ensayos para el habla de Manuel Janeiro.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Deputación de Pontevedra, Cíes, Manuel Janeiro...