Na súa segunda incursión cinematográfica (a primeira foi co documental A casa da miña avoa) Adán Aliaga acaba de conseguir un dos premios máis destacados da sección oficial da Seminci, o Pilar Miró, que recoñece o labor dos realizadores con menos experiencia no certame. Foi grazas a Estigmas (producida por IB Cinema) a adaptación cinematográfica da novel gráfica de Mattoti e Piesanti que conta a reacción dun home ao que lle saen uns estigmas nas mans. Canda este título, o documental Señora de, dirixida por Patricia Ferreira e producida por O Raio Verde, fíxose co terceiro premio da sección Tiempo de Historia.
