A celebración do Samaín prende con forza no país

A noite do sábado énchese de festas cos calacús coma protagonistas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cartel do Samaín de Cedeira 09

Cartel do Samaín de Cedeira 09

Galicia conta unha alternativa ao Halloween. Cada ano son máis as asociacións e colectivos que apostan por celebrar festas do calacús ou Samaín recuperando a tradición galega de tallar cabazas na noite do 31 de outubro. Malia a que as primeiras tentativas de recuperación, en Cedeira, teñen xa vinte anos, é no último lustro cando se están a multiplicar as convocatorias deste tipo. Pontevedra, Vigo, Lugo, Narón, Redondela ou, por suposto, Cedeira son algúns dos lugares onde hai citas coa festa esta fin de semana. Tallado de cabazas, contos, disfraces, comida e bebida son algunhas das actividades que se propoñen.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cedeira, Contos, Asociacións, Redondela...