Vinte e catro editores galegos participan no Salón Liber, en Madrid

Unha mesa redonda sobre literatura e xornalismo achegará distintos autores do país ao evento

A coñecida Feria do Libro de Madrid, Liber, contará nesta nova edición con 24 editoras galegas. Este punto de encontro profesional reunirá preto de 700 expositores de vinte países diferentes. Alén dun posto conxunto, os galegos estarán representados por autores coma Carlos Reigosa ou Xosé Carlos Caneiro, que participarán nunha mesa redonda sobre xornalismo e literatura.