A mostra All-Girlz súmase o programa das Xornadas de BD de Ourense

O encontro desenvolverase entre o 1 e o 18 de outubro

Unha escolma de novas creadoras portuguesas de cómic. Esta é a proposta que se poderá ver na Casa da Xuventude de Ourense no marco das XXI Xornadas de Banda Deseñada que se celebran na cidade entre o 1 e o 18 de outubro. A mostra All-Girlz recolle traballos de autoras coma Rosa Baptista, Ana Biscaia, Inês Casais, Claudia Dias, Ana Freitas ou Joana Lafuente entre outras. Canda a esta, nas Xornadas poderán verse exposicións de Miguel Brieva, Juano Sáenz, David Rubín, o Fanzine Enfermo e as colectivas de autores galegos Viñetas descubertas e Miña terra galega. Tamén está previsto o lanzamento dun novo volume do Fanzine das Xornadas entre outras actividades.