A banda Invivo presenta o seu primeiro disco Introvisión

O grupo resultou gañador no terceiro certame Millarock

2/7/2009 | Redacción: Redacción. MeGA | Seccións: Música
4 lecturas | Compartido 0 veces
A banda compostelá de metal cru INVIVO edita coa empresa valenciana Producciones Malditas o seu primeiro longa duración, INTROVISIÓN. O disco físico aparece distribuído en tendas por Lonxa Cultural e en formato dixital a través de Maldito Digital. Consta de 13 temas propios gravados e mesturados por Yago Pico en Pousada Son Studios de Ames e masterizados por Peter In de Betou en Tailor Maid Studios de Suecia . O grupo gañou recentemente o III Festival Millarock conta con outras gravacións anteriores para os discos colectivos Apostolocausto (2007) e Derrameidea (2008). Invivo formouse a primeiros de 2006 polos músicos veteranos da escena metal e rock galega Ricardo González (batería), Mario César (voz e guitarra), Roberto Couto (guitarra) e Roberto Filgueira (baixo e coros).

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares