Juan Carlos Fernández Fasero é o novo director de AGADIC

O músico é membro do grupo Mutenrohi e responsable de Zouma Records

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Consello da Xunta deste xoves oficializou o nomeamento do novo director da Axencia Galega das Industrias Culturais. O músico Juan Carlos Fernández Fasero será o responsable de AGADIC substituíndo a Miguel Martín. Fasero é membro do grupo folk Mutenrohi, ademais de ter publicados varios discos en solitario. Ademais, é creador do selo discográfico Zouma Récords e responsable do estudio de gravación Desfase Sound. Fasero é tamén secretario de AGAPHONO (Asociacion Galega de Fonograficas) e vicepresidente de AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) ademais de formar parte da corporación municipal de Arnoia polo Partido Popular.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Fernández, Miguel Martín, Folk, Partido Popular...