O poeta gaña o Premio Esquío coa súa obra O retorno de Ulises

Un Esquío chamado Cesáreo Sánchez

| | Seccións: Literatura
Compartir:

Onte coñeceuse por fin o gañador do Premio Esquío de poesía en lingua galega. E o gañador é Cesáreo Sánchez, considerado unha das máis sólidas voces da poética galega. A súa obra, O retorno de Ulises, que se denominará finalmente O rumor do distante, pretende ser, segundo o autor, unha singradura na procura do ser.


Os poemas


Cesáreo Sánchez asegura que o poemario que obtivo o premio Esquío é froito dunha viaxe por Galicia e de longas horas de reflexión. Segundo el, o poemario está feito tanto das ausencias como das presencias, o que impregna a obra de saudade sen que o libro sexa desesperanzado.

A poesía

O gañador do Esquío considera que a poesía busca o fundamental do ser humano e loita contra a banalidade, e restitúe ó ser humano o seu centro de gravidade. Da viaxe que deu orixe ó libro, Cesáreo Sánchez concluiu que os galegos humanizamos moito a natureza ó traballarmos por ela.

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ulises, Poesía, Lingua galega, Natureza

Claves

Protagonistas