A Federación de Bandas denuncia recortes no apoio da Xunta

Cultura apoiará o III Certame Galego e o II Concurso de Composición

18/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O apoio económico que a Consellaría de Cultura lle viña prestando á Federación Galega de Bandas de Gaitas quedará en menos da metade do foi nos últimos anos. Así o denunciou a entidade logo de manter esta semana unha entrevista na que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela e mais o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, sinalaron que a Xunta non cubrirá a totalidade dos gastos das actividades previstas. Os responsables de Cultura si deron o seu apoio á celebración do III Certame Galego de Bandas de Música e mais do II Concurso de Composición para estas formacións, que terán publicadas as súas bases en vindeiras datas.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela

Claves

Protagonistas