O noveno Arde Lucus contará un orzamento sensiblemente inferior ao da edición anterior (un 25% menos) pero, o concello conseguiu que non se notara no deseño da programación. Nas novidades deste ano destacan un centenar de actos, unha doble sesión de circo romano, un comedor oficial e un campamento de forxadores. Isto xuntarase coas actividades xa tradicionais como as bacanais, as vodas celtas e romanas, ou, entre outras, as olimpiadas, que servirán para dar un salto atrás no tempo e situarse, durante tres dÃas (26 ao 28 de xuño), no século III.