Un emigrante non é só o que vai a outro país a buscar a vida: é tamén alguén que arrastra consigo toda unha vida. Esta premisa é o punto de partida de Retornos, a primeira longametraxe de Luís Avilés Baquero. Unha produción de Vaca Films que conta a historia de Álvaro, un emigrante que volve á sua Galicia natal para asistir ao enterro do seu pai. Un regreso que se enreda cun asasinato, problemas da prostitución e dramas familiares. Acaba de finalizar a rodaxe desta longametraxe que a protagonizan Xavier Estévez, María Bouzas, Morris, Pico, María Tasende
e tantas caras coñecidas do audiovisual.