Bárbara Hendricks, Paula Oliveira e kenny Barron estrelas do festival de jazz

Jazz de luxo

Dende mañá a Coruña vestirase de luxo para acoller un Festival de Jazz de altura. Na sexta edición do certame que organiza a Fundación Barrié, Bárbara Hendricks, a pouco coñecida Paula Oliveira o músico blega Thieleman Quartet e o trío do pianista norteamericano Kenny Barron achegarán os seus ritmos a tódolos que se acheguen ata a Coruña.

Martes e mércores



O Festival de Jazz da Fundación Barrié, que se adiantou con respecto ás edicións anteriores que se celebraba no verán, comeza mañá co trío de Kenny Barron. O pianista norteameriano, considerado como un dos mellores pianistas actuais, e o seu trío como unha das formacións jazzísticas do momento máis estables. Cunha intepretación musical sensible, Kenny Barron é o principal defensor da tradición do piano be-bop, entroncado con figuras históricas como Hank Jones ou Tommy Flanagan, aínda que Barron sevantura en novos territorios creativos. O ano pasado foi galardo cun Grammy (o de jazz) polo seu disco "Night and the city". Nado en Philadelphia no 1943. tivo en 1957 o seu primeiro traballo como profesional, no grupo de Mel Melvin. O mércores Paula Oliveira Quartet, a voz portuguesa menos coñecida do cartel deste festival traerá as súas particulares adaptacións da bossa nova brasileira.












Toots Thielemans Quartet



O vindeiro xoves día 15 os coruñeses poderán gozar dunha das escasas aparicións do músico belga Toots Thielemans, un virtuoso guitarrista, máis coñecido polas súas habilidades coa harmónica

.



Bárbara Hendricks, broche de ouro


E o sábado pecha o festival de Jazz a soprano norteamericana Bárbara Hendricks que ofrecerá o único recital de pago deste ciclo. A premio Príncipe de Asturias das Artes do 2000 ofrecerá unha composición de George Gershwin e estará acompañada por un trío que dirixe o pianista Geoff Keezer e a orquestra de corda The Guildhall Strings.
As actuacións, agás a do sábado, teñen carácter gratuito e libre, con previa retirada de invitacións e comezan ás nove da noite no auditorio da Fundación Barrié. O recital do sábado será de pago e terá lugar no Pazo da Ópera de Congresos da Coruña.