Continúa o descenso de alumnos nas universidades galegas

O curso pasado só se matricularon 67.847 estudantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

As universidades galegas continúan a sufrir un acusado descenso de alumnos. Deste xeito, se en 1997 había 99.536 estudantes, no último curso só se matricularon 67.847, un 32% menos, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística. Esta caída é moi superior en Galicia do que no conxunto do Estado, que no mesmo periodo veu reducido o número de universitarios nun 12%. No noso país son as universidades de Santiago e Vigo as máis afectadas, cun 36% menos matriculados na última década, mentres que a da Coruña perdeu un 17,6% dos seus estudantes.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instituto Nacional de Estatística, Vigo

Claves

Lugares