Continental prepara tres videoxogos para as consolas de Nintendo, a Wii e a DS

O primeiro videoxogo galego para estas plataformas estará dispoñible este ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Comezaron no mundo dos videoxogos cun traballo para pecé, o ELE (evento Ligado á Extinción) con catro persoas no plantel máis a colaboración dos departamentos de dúas universidades galegas (Santiago e Vigo). Agora, Continental acaba de dar un salto de xigante ao conseguir a certificación de Nintendo, que só posúen media ducia de empresas en toda España, e que lles autoriza a desenvolver contidos para as consolas deste xigante xaponés (Wii e DS). Para esta plataforma están a desenvolver tres videxogos en paralelo: Emotional training, para pór a proba as habilidades emocionais dos xogadores; unha máquina de verdade para saber “quen engana mellor” e unha chimenea manexable por control remoto. Este último espera que esté dispoñible na tenda virtual (webstore) de Nintendo este ano. Continental games é a división de animación de Continental, que espera converterse en breve nunha compañía independente para facer unha aposta máis forte neste sector nos vindeiros cinco anos.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Vigo, Medios de comunicación

Claves

Lugares